Posible utilización de Tagzania para a creación de rutas literarias

 



Entre os numerosos EVA (entornos virtuais de aprendizaxe) recollidos no Campus Virtual aparece Tagzania. Esta é unha ferramenta que nos permite crear mapas interactivos utilizando a tecnoloxía de Google Maps. Nesta entrada non só propoño unha actividade, senón incluso un pequeno proxecto no que o alumnado se vexa involucrado. A miña proposta consiste en crear unha ruta literaria (ou varias, se fose posible) onde o alumnado debe aportar información previa búsqueda e contraste bibliográfico. Posto que estamos traballando coa materia de francés, propoñeremos como localización a cidade de París, centro neurálxico da literatura francesa nun pasado que segue a gardar innumerables remanentes. 

Primeiramente, escolleríamos un autor ou autora (ou varios se temos unha clase cun ratio de alumnado elevado) e os rapaces e rapazas realizarían búsquedas contando coa supervisión do docente acerca de lugares de interese que aquel ou aquela frecuentaran e fosen significativos na súa particular historia dentro da cidade. En cada unha das horas dedicadas ao proxecto, o docente podería facer unha breve introdución acerca da(s) figura(s) literaria(s) coa(s) que se traballase(n) para dar certos indicios ao alumnado de que buscar. O alumnado, dividido en parellas, prepararía pequenas redaccións que poderían facer na casa ou en cada unha das horas do proxecto (3 ou 4 liñas) para aportar máis información aos seus compañeiros sobre os escritores seleccionados. Unha vez completada, en común, a pequena biografía, cada unha das parellas sería a encargada de relacionar en Tagzania os lugares parisinos coas vivencias do(s) escritor(es) ou escritora(s). Finalmente, publicaríase a ruta literaria, permitíndolles coñecer máis sobre a personaxe histórica e sobre a cidade de París, traballando así aspectos culturais de interese coa lingua meta. 

Comentarios

Entradas populares