Que é un docente innovador?
Este termo que escoitamos tan a miúdo agocha unha realidade abstracta que precisa maior claridade. Direi, nun comezo, que é o alumnado o que á hora da verdade decidirá que docente é innovador e cal non; a través da súa reacción ás propostas e metodoloxías que este último empregue.
Así, o docente innovador deberá saber que os protagonistas do proceso educativo son os rapaces e rapazas cos que traballa día a día e saberá adaptar a súa concepción da ensinanza ás necesidades, realidades e intereses destes. O docente innovador debe estar disposto a aprender cada día que vai ao seu lugar de traballo, xa sexa co alumnado ou cos seus compañeiros de profesión. Como figura de influencia, deberá favorecer que os verdadeiros protagonistas desenvolvan un espírito crítico e perciban a aula como un espazo onde traballar felizmente. Unha actitude autocrítica e unha disposición positiva veranse correspondidas na aprendizaxe efectiva do seu alumnado e fomentarán un dinamismo que afectará a todos os aspectos e todos os actores do proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Comentarios
Publicar un comentario