Sistemas innovadores: CEIP "Amara Berri"





Neste sistema o alumnado non experimenta a disociación tradicional entre escola e sociedade. Así, observamos como os materiais cos que traballan e as experienciais reais que acumulan - os cales se corresponden coas materias - gardan relación entre eles e non se interiorizan de xeito descontextualizado e illado como pode ocorrer nos sistemas tradicionais. Búscase preparar ao alumno para a vida, xa que pasa a ser unha parte activa dentro da aula, onde debe cooperar e aportar a súa visión individual aos proxectos. Considero que é unha experiencia sumamente integradora que fomenta nos alumnos unha concepción global da sociedade, que lles ensina a exercer a súa liberdade para desenvolverse como persoas e que lles permite integrar valores de comunidade desde a infancia.

Comentarios

Entradas populares