Sistemas innovadores: Centro de formación Padre Piquer
O aspecto máis salientable desta experiencia educativa é a interrelación entre materias, organizadas en bloques ou ámbitos. Isto non só favorece que o alumnado integre os contidos de xeito global e cohesionado, senón que tamén propicia a cooperación entre docentes, algo que tende a desaparecer case por completo nos centros de ensino tradicionais. Ao traballar directamente con varios docentes na aula, rómpese a relación xerárquica e moitas veces distante entre aprendices e educador. Deste xeito, o traballo pasa a ser máis dinámico e os alumnos poden avanzar ao seu ritmo mentres se enfrontan a problemas da vida real familiarizándose de xeito efectivo coas novas tecnoloxías, que neste caso serven para conectar e non para afastar.
Comentarios
Publicar un comentario