Unha vez máis, atopámonos cunha experiencia educativa que se centra na cooperación co fin de preparar ao seu alumnado para a vida. Como no caso de Amara Berri, son os estudantes os protagonistas do proceso de aprendizaxe mentres que os docentes adoptan o papel de orientador. As actividades gardan relación directa co aspecto social, xa que a educación que se ofrece está composta por actividades de índole cívica e económica, onde os alumnos se organizan nun sistema similar ao das cooperativas que todos coñecemos. Así, favorécese o desenvolvemento dunha mentalidade solidaria que pretende contribuir directamente á sociedade da que formarán parte os rapaces e rapazas.
Comentarios
Publicar un comentario