Sistemas innovadores: IES Miguel Catalán


Neste centro non só se pretende fomentar un espírito solidario e comunitario dentro das aulas, senón que existe unha verdadeira implicación dos estudantes para coa sociedade que os rodea (neste caso a cidade de Coslada). O alumnado mellora directamente a vida dos seus concidadáns. Crean unha verdadeira comunidade de respecto mutuo e, a unha idade temperá, participan en actividades solidarias que a miúdo son olvidadas polo resto da sociedade. Para min, este é un dos sistemas que deberían extenderse a todos os demais  proxectos educativos, aínda que fose de xeito reducido, posto que as ensinanzas que se extraen, e as vivencias que se acumulan, quedaranse cos alumnos para sempre. 

Comentarios

Entradas populares